GRATIFEIRA EN SILLEDA
- Casa da Xuventude - Silleda
- A Asociación de Veciños Olaia, en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Silleda, organiza a primeira GRATIFEIRA en Silleda.
¿QUÉ É UNHA GRATIFEIRA?
Unha GRATIFEIRA é unha feira onde todo é gratis. Isto non quere dicir que sexa unha feira de troco ou int...ercambio. Vai máis aló dese concepto, porque aquí non hai noción de reciprocidade. O lema da feira é “Trae o que queiras ou nada; leva o que queiras ou nada”.
Desde nenos ensínannos que para recibir sempre hai que dar algo a cambio, e viceversa. Como consecuencia disto, sempre que damos esperamos recibir outra cousa, anque namáis sexa o agradecemento ou o recoñecemento por parte de alguén. Este non é o caso. Eu dou algo simplemente porque teño algo para dar, e non espero recibir nada por iso. Fágoo polo simple pracer de dar, pois nin siquera sei quen o vai recibir. Dou algo porque non o preciso, e penso que lle pode servir a outros.
Por outra banda, aínda estamos menos acostumados a recibir, pois resúltanos moitas veces violento e mesmo embarazoso recibir un agasallo e non corresponder dalgún xeito. Sentímonos mellor cando “a débeda está saldada”. Aquí temos a oportunidade de aprender a recibir sen sentírmonos en débeda con ninguén ou na obriga de ter que restituír de algún modo ese “favor” ou ese “detalle”.
¿QUÉ PODEMOS ATOPAR NUNHA GRATIFEIRA?
Na GRATIFEIRA compartimos:
Roupa, mobles, libros, xoguetes, música, tecnoloxía, ferramentas, arte, menaxe, etc.
Podemos traer todas aquelas cousas que xa non precisamos ou que simplemente xa non estamos utilizando. É necesario que todo estea limpo e en bo uso, pois non podemos dar a ninguén o que nós consideraríamos indigno recibir. Neste espazo, esas cousas atoparán outras personas que as aproveitarán e as agradecerán.
UN BO MOMENTO E UN BO EXEMPLO
Esta iniciativa chega nun momento marcado pola crise económica e o desemprego, o que motiva que moitas familias teñan serias dificultades para saír adiante ou que mesmo carezan totalmente de ingresos. Coa GRATIFEIRA, sementamos a intención de relacionarnos desde a cooperación en lugar de facelo desde a competencia, tal e como nos ensinaron.
Disfrutemos dando exemplo ós nosos fillos, que medran remedando ós país. Son eles os que teñen que cambiar este mundo cheo de ambición, consumismo e depredación por outro máis humano, sostible e cooperante.
OBXECTIVOS DA GRATIFEIRA
Entre os obxectivos dunha GRATIFEIRA, atópanse os seguintes:
• Desterrar pouco a pouco a idea de escasez ou miseria, de que non hai suficiente para todos. Hai dabondo se compartimos o que temos e non nos adicamos a acumular avariciosamente incluso aquilo que nin siquera usamos
• Evitar tirar ó lixo tódalas cousas das que nos queremos desprender. Desta maneira contribuímos a paliar a contaminación, apostamos pola reciclaxe e alongamos a vida útil dos bens nas mans doutras personas que os precisan
• Contribuímos á posta en práctica de conceptos como a sociabilización, a cooperación e o altruísmo
• Aprendemos a desprendernos das cousas con naturalidade, sen pesar, e aprendemos a recibir coa mesma naturalidade, sen sentimentos de obrigas ou de vergonza
A GRATIFEIRA é unha maneira de contrarrestar o egoísmo e o consumismo innecesario que o modelo de sociedade imperante case nos obriga a adoptar, substituíndoos pola cooperación, o apoio mútuo e a solidariedade.
Nunha GRATIFEIRA destérrase definitivamente o falso concepto de “se ti gañas, eu perdo”. Aquí gañamos todos.
CÓMO PARTICIPAR
A maneira de participar non pode ser máis sinxela: acudindo á GRATIFEIRA, xa sexa como simple espectador ou contribuíndo co que queirades, e por suposto, levando o que cada un desexe levar. Todos seredes benvidos.
Se desexades máis información, poñédevos en contacto con nós nos seguintes teléfonos:
Maricarmen 639232800
Lucía 666605667
Sonia 655852890
DATA, LUGAR E HORARIOS:
Días 20, 21 e 22 de abril
Casa da Xuventude
Mañán: de 11 a 2 – Tarde: de 5 a 9